sábado, 25 de abril de 2020

ACTIVIDADE FÍSICA E XOGOS CON MATERIAIS DA CASA

Estes xogos requiren materiais que están na casa e un pouquechiño de tempo e ganas (isto un pouco máis) de pasar un intre estupendo. Facendo que? Pois montando cousas que os peques gozarán infinito, lembrarán mogollón e esnaquizarán en 5 minutos. Aínda así, son boas ideas de actividade física con nenos en casa:
O chan é lava: Se os vosos/ as nenos/ as non atentan contra a súa propia existencia (imos, se non son bestas e non temedes pola súa vida, que non é momento de ir ao hospital), podedes animarlle a xogar ao xogo ao que probablemente xa xogan. O chan é lava e non o poden tocar. Poñédelles folios (fixados, porfa, que escorregan) que si poidan pisar, tipo “pedras”.

Bolos: Pensade que podedes acumular varias botellas calquera e, facendo algunha manualidade para entreterlles (e entretervos), enchelas cun pouquiño de area/arroz/calquera cousa para que pesen algo, pintalas por fóra a modo de “birlos” e poñelos a unha certa distancia para que teñan que tiralos.

Volei-globo. Un clásico incombustible para quen teña globos na casa. Así, poden aproveitar para facer moito exercicio con este movemento que obriga a non deixar que o globo toque o chan nunca. Coidado cos mobles de ao redor (e coa TV).
Cordas no corredor: Atravesamos cordas (ou cintas, ou o que teñades) dunha parede a outra, pegándoas con cinta adhesiva. Ata eu animeime a facelo varias veces (non tiña máis remedio, o corredor está no medio da casa, polo que sexa) e foi moi divertido. Volveremos poñer cada pouco. Merece a pena.
Circuito pola casa. Con obxectos imos facendo un circuíto pola casa, polo salón ou por onde poida. Moita xente faino co arco iris Waldorf que xa está de adorno para os máis maiores. O circuíto debe implicar facer movementos (saltar sobre obstáculos, pasar debaixo de cadeiras, arrastrarse…) e volta a empezar.

Canasta: A papeleira de casa (mellor se é circular, que dá máis o pego), poñédea a distintas alturas, distintas distancias, ollos pechados, impedimentos que teñan que sortear… Se tendes pelota, perfecto, usádea. Se non, podedes usar pelotas de papel (pero non de WC, que é un ben moi prezado agora mesmo).

Labirinto en chan: Con cinta de carrocero, podedes crear un labirinto no chan para que se entreteñan movéndose por el e tentando saír. Imaxinádesvos que non atopan a saída? Preparade un café ou unha infusión, que igual esta tomádela quente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario