luns, 25 de maio de 2020

IDEAS E OUTRAS POSIBILIDADES DE XOGOS DENDE A CASA

Presentamos unha serie de actividades recopiladas de outras webs que nos posibilitan establecer unha serie de dinámicas da actividade física moi recomendable neste tempo sen cole. Ide escollendo as que máis resulten e preparando unhas cantas para as rutinas diarias ....(polo menos ata setembro).


- xogos de dados e actividade física
https://www.elvalordelaeducacionfisica.com/articulo/juegos-con-dados-educacion-fisica/

- xogos cooperativos usando o marcador colectivo
https://www.elvalordelaeducacionfisica.com/articulo/propuestas-mejorar-convivencia-cooperacion/

-xogos con globos
https://www.elvalordelaeducacionfisica.com/articulo/10-juegos-con-globos-para-trabajar-ef-casa/

-xogos sensoriais
https://www.elvalordelaeducacionfisica.com/articulo/4-juegos-sensoriales-para-hacer-en-casa/

-outras ideas e retos
https://www.elvalordelaeducacionfisica.com/articulo/propuestas-variadas-ef-casa/

domingo, 3 de maio de 2020

RECOPILACIÓN DE PROPOSTAS DE EF NA CASA


Temos diferentes propostas, para tódalas etapas, de tódalas cores e gustos para afrontar os días que nos restan na casa, facendo Educación Física.
Recopilatorio sacado da páxina web "Ayuda para maetros".


venres, 1 de maio de 2020

XOGO DA OCA PARA EDUCACIÓN FÍSICA

 Aquí vai un modelo de taboleiro e pinchando na foto tendes as instrucións do que debemos facer en cada casiña para continuar avanzando. Pódese descargar tanto a imaxe por se non tendes taboleiro coma as normas en pdf, así como sería unha idea incrible, elaborar o voso propio.



martes, 28 de abril de 2020

MÓVETE NA CASA. TRES ACTIVIDADES DO PLAN PROXECTA DA XUNTA

Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.

sábado, 25 de abril de 2020

ACTIVIDADE FÍSICA E XOGOS CON MATERIAIS DA CASA

Estes xogos requiren materiais que están na casa e un pouquechiño de tempo e ganas (isto un pouco máis) de pasar un intre estupendo. Facendo que? Pois montando cousas que os peques gozarán infinito, lembrarán mogollón e esnaquizarán en 5 minutos. Aínda así, son boas ideas de actividade física con nenos en casa:
O chan é lava: Se os vosos/ as nenos/ as non atentan contra a súa propia existencia (imos, se non son bestas e non temedes pola súa vida, que non é momento de ir ao hospital), podedes animarlle a xogar ao xogo ao que probablemente xa xogan. O chan é lava e non o poden tocar. Poñédelles folios (fixados, porfa, que escorregan) que si poidan pisar, tipo “pedras”.

Bolos: Pensade que podedes acumular varias botellas calquera e, facendo algunha manualidade para entreterlles (e entretervos), enchelas cun pouquiño de area/arroz/calquera cousa para que pesen algo, pintalas por fóra a modo de “birlos” e poñelos a unha certa distancia para que teñan que tiralos.

Volei-globo. Un clásico incombustible para quen teña globos na casa. Así, poden aproveitar para facer moito exercicio con este movemento que obriga a non deixar que o globo toque o chan nunca. Coidado cos mobles de ao redor (e coa TV).
Cordas no corredor: Atravesamos cordas (ou cintas, ou o que teñades) dunha parede a outra, pegándoas con cinta adhesiva. Ata eu animeime a facelo varias veces (non tiña máis remedio, o corredor está no medio da casa, polo que sexa) e foi moi divertido. Volveremos poñer cada pouco. Merece a pena.
Circuito pola casa. Con obxectos imos facendo un circuíto pola casa, polo salón ou por onde poida. Moita xente faino co arco iris Waldorf que xa está de adorno para os máis maiores. O circuíto debe implicar facer movementos (saltar sobre obstáculos, pasar debaixo de cadeiras, arrastrarse…) e volta a empezar.

Canasta: A papeleira de casa (mellor se é circular, que dá máis o pego), poñédea a distintas alturas, distintas distancias, ollos pechados, impedimentos que teñan que sortear… Se tendes pelota, perfecto, usádea. Se non, podedes usar pelotas de papel (pero non de WC, que é un ben moi prezado agora mesmo).

Labirinto en chan: Con cinta de carrocero, podedes crear un labirinto no chan para que se entreteñan movéndose por el e tentando saír. Imaxinádesvos que non atopan a saída? Preparade un café ou unha infusión, que igual esta tomádela quente.

ACTIVIDADE FÍSICA ORIXINAL: TI MÁIS UN DADO

Explicación de 5 xogos interesantes ou cando menos orixinais, para facer na casa, onde necesitamos un dado, ir sumando e desenvolver a imaxinación en certas probas.
Pincha neste foto e poderás pasar un tempo de diversión en familia.


mércores, 22 de abril de 2020

XOGO DE COMPLETAR O CAMIÑO CON INSTRUCIÓNS

Con estas imaxes e as intrución de cada casiña, un dado e a ver quen da familia chega antes ao final. Recorda saber perder, gañar, aceptar as normas e facer ben as actividades que mande para poder avanzar .



IDEAS PARA FACER EXERCICIO LÚDICO NA CASA

Para tódalas idades, como poder argallar na casa uns exercicios divertidos e se queredes en equipo.


XOGO DA OCA ADAPTADO PARA FACER EXERCICIO NA CASA

Con un móbil, ordenador ou tablet diante para facer as tiradas e saber por onde vas, que números sacas e que actividades físicas en forma de sorpresa debes superar para seguir avanzando.
Ideal para tódalas idades.
fai clic na imaxe para comezar

sábado, 21 de marzo de 2020